SEGUIDORES

22 de novembro de 2010

Canzon de Cuna

publicação original
18.08.2006
[url] http://angolaharia.blogspot.com/2006/08/canzon-de-cuna.html


Canzon de Cuna pra Rosalia Castro, morta

Érguete, miña amiga,
que xa cantan os galos do día!
Érguete, miña amada,
porque o vento muxe, como unha vaca!

Os arados van e vén
desde Santiago a Belén.
Desde Belén a Santiago
un anxo ven en un barco.
Un barco de prata fina
que trai a dor de Galicia.
Galicia deitada e queda
transida de tristes herbas.
Herbas que cobren teu leito
e a negra fonte dos teus cabelos.
Cabelos que van ao mar
onde as nubens teñen seu nido pombal.

Érguete, miña amiga,
que xa cantan os galos do día!
Érguete, miña amada,
porque o vento muxe, como unha vaca!


Federico García Lorca
“Seis Poemas Galegos”

Sem comentários: